Saltar ao contido principal
Xornal

Filoloxía conmemora este mércores o Día Europeo das Linguas

Actualizada: 26-09-2018 13:25
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Un equipo dinamizador impulsado por lectores e lectoras da Facultade de Filoloxía sumouse á conmemoración do Día Europeo das Linguas cunha actividade colaborativa entre o alumnado para dar conta das súas motivacións para aprender un idioma.

A través da canle de YouTube o estudantado interesado subiu os seus vídeo-selfie explicando a súa motivación para aprenderen idiomas como o galego, o castelán, o catalán, o inglés, o portugués, o francés, o italiano ou o alemán, linguas que, entre outras, é posible estudar na Facultade compostelá. A iniciativa presentouse este mércores en Filoloxía, centro que debido á diversidade lingüística e cultural dos graos ofertados acolle nas súas aulas unha porcentaxe moi significativa da mobilidade entre o profesorado e o estudantado da USC.