Saltar ao contido principal
Xornal

Enfermaría acolle a primeira xornada de Voluntariado ActivaSenior

Actualizada: 28-09-2018 09:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A primeira xornada de Voluntariado ActivaSenior celebrarase o luns 1 de outubro na Facultade de Enfermaría  nunha sesión cuxo acto de benvida presidirá a decana do centro, Ana Isabel Silveira Rodríguez a partir das 10.00 horas.

A presentación da Cátedra Cruz Roja Española e a presentación do proxecto ActivaSenior así como a programación de actividades da Cátedra serán os puntos que abran o programa da sesión. Para continuar abordaranse cuestións relativas ao avellentamento activo ao aos procesos de voluntariado xeral. Previo ao peche da xornada presentaranse os postos de accións voluntaria dispoñibles.