Saltar ao contido principal
Xornal

A Biblioteca Universitaria organiza en outubro un ciclo de visitas guiadas ás súas instalacións

Están dirixidas ao alumnado, particularmente ao de novo ingreso

Actualizada: 01-10-2018 12:39
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Imaxe de arquivo da Sala de Lectura da Biblioteca Xeral. Foto: RQ

Co obxecto de que o alumnado da USC, e especialmente o de novo ingreso, coñeza as instalacións e o servizos da biblioteca universitaria, ao longo deste mes de outubro están programadas unha serie de visitas guiadas dunha hora e media de duración á Biblioteca Xeral e a Biblioteca América. Celebraranse os mércores  coa posibilidade de realizalas en quenda de mañá (11.00 horas) ou tarde (17.00 horas).

As visitas atenderanse por rigorosa orde de inscrición cun máximo de 25 asistentes por quenda. Para inscribirse abonda con enviar unha solicitude ao Servizo de Información da Biblioteca Xeral, no correo electrónico bxinfor@usc.es indicando no Asunto “Visita á biblioteca” así como a data na que desexa realizar a visita. As persoas interesadas recibirán un correo de confirmación.