Saltar ao contido principal
Xornal

O ‘Reto5000’ contabiliza 557 doazóns de sangue nos campus galegos

En Santiago contabilizáronse 136 e en Lugo 29

Actualizada: 05-10-2018 14:31
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor Antonio López e a directora de ADOS, Marisa López, visitaron este xoves a unidade móbil instalada en Campus Vida. Foto: Servimav-USC

A comunidade universitaria de Santiago, con 136 doazóns, e a de Lugo, con 29, sumáronse ao #Reto5000 que este 4 de outubro se celebrou simultaneamente en toda España coa intención de acadar esta cifra de doazóns de sangue. As universidades galegas alcanzaron un total de 558 doazóns, o que supón “unha cifra récord2, segundo a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

O Reto5000, que promoveu a Rede Española de Universidades Saudable (REUS) achegouse a centros docentes universitarios de toda España e coincidiu coa segunda edición do Reto da Froito, polo que todas as persoas que doaron recibiron ademais unha peza de froito no refrixerio posterior á doazón.

Con 136 doazóns, Santiago é a cidade universitario que encabeza o reto en Galicia, seguida de Vigo (115), A Coruña (84), Pontevedra (83), Ourense (65), Ferrol (45) e Lugo (29). ADOS agradeceu á comunidades universitaria galega o seu constante compromiso con este tipo de campañas, que se remontan ao ano 1993, data dende a que lévanse contabilizado arredor de 190.000 doazóns de sangue entre os centros docentes dos sete campus galegos.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue puxo en valor igualmente a colaboración brindada polas tres universidades galegas e lembrou o inicio a pasada semana da primeira fase da campaña de doazón nos campus galegos. Esta primeira fase prolongarase ata o vindeiro mes de decembro, mentres que entre os meses de marzo e maio de 2019 terá lugar a segunda. O obxectivo de ADOS para este curso pasa por superar as 4.542 doazóns rexistradas o pasado ano académico.