Saltar ao contido principal
Xornal

Oral Sciences Research Group da USC álzase co VI Premio I+D+I de Gaceta Dental

Pola súa achega no descubrimento de biomarcadores preditivos da periodontite crónica

Actualizada: 11-10-2018 13:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Como parte da investigación da súa tese doutoral, Nora Arias Bujanda publicou no número de xuño da revista Gaceta Dental o artigo ‘Capacidade predictiva de las citoquinas en el fluido crevicular gingival para el diagnóstico de la periodontitis crónica’, que foi galardoado co VI Premio I+D+i desa publicación na súa edición vixésimo primeira.

A gala de entrega do galardón tivo lugar en Madrid  coa participación de máis de 300 profesionais. A profesora Inmaculada Tomás recolleu o premio en representación da premiada de mans do director de Estratexia e Marketing de Henry Schein España, Steve Dennis, e do vicepresidente do Consello Xeral de Dentistas de España, Francisco García Lorente.

Os principais resultados deste traballo –no que tamén participaron os investigadores da USC e do CHUS Alba Regueira, Carlos Balsa, Manuela Alonso, María Mercedes González e Inmaculada Tomás- revelan que determinadas citoquinas proinflamatorias presentes no fluído xinxival crevicular, como a interleuquinas 1alfa, 1beta e a 17A, son biomarcadores cunha excelente capacidade preditiva para distinguir pacientes con periodontite crónica de individuos periodontalmente sans.

No estudo tamén se definiron os umbrais con potencial diagnóstico para estas citoquinas no fluído, mostrando os pacientes fumadores valores más baixos respecto aos non fumadores. Estes achados representan o punto de partida para o desenvolvemento de kits de aplicación clínica para a diagnose da periodontite crónica.