Saltar ao contido principal
Xornal

Os directores das escolas de Enxeñaría Civil de España deseñan estratexias para aumentar a visibilidade dos seus estudos

Os profesores na EPS de Enxeñaría do campus de Lugo Carlos Núñez e Alberte Castro representaron á USC na última conferencia de directores de escolas de Enxeñaría Civil

Actualizada: 11-10-2018 14:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A potenciación dos estudos universitarios en Enxeñaría Civil e a maior visibilidade da profesión son cuestión prioritarias para o Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís (Citopic) de España e tamén para os responsables académicos dos centros universitarios que imparten estudos de grao en Enxeñaría Civil, uns programas de formación universitaria de elevada calidade, segundo quedou probado no proceso de acreditación a nivel estatal desta titulación.

 

O deseño e debate de estratexias de futuro para potenciar o cometido dos estudos centrou a última conferencia de directores de Escolas de Enxeñaría Civil das universidades españolas, un foro que vén de celebrarse en Cáceres e no que participaron responsables académicos de máis dunha ducia de universidades españolas, ademais do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas e Enxeñeiros Civís (Citopic).

 

Potenciar a visibilidade e, por tanto, o coñecemento que a sociedade ten sobre a Enxeñaría Civil, reforzar a relación universidade-empresa co obxecto de adaptar máis aínda os perfís demandados pola sociedade, e afianzar a relación entre as universidades e o Citopic, co fin de potenciar nos estudantes o coñecemento do mundo profesional, especialmente o ligado ás súas atribucións, foron algunhas das conclusións adoptadas nesta conferencia de directores de escolas universitarias de Enxeñaría Civil, segundo indicaron os profesores da USC na EPS de Enxeñaría Alberte Castro e Carlos Núñez.

 

Todos os participantes neste foro de traballo a prol da Enxeñaría Civil, engaden Castro e Núñez, coinciden  na necesidade de traballar conxuntamente na divulgación das titulacións e da profesión co obxecto de espertar novas vocacións entre os máis novos e, desta forma, incrementar o número de estudantes de novo ingreso

 

Outra das propostas aprobadas afecta á potenciación da versatilidade dos enxeñeiros civís como profesionais versátiles. Entre estes perfís destacan os de Enxeñaría de Minas, Arquitectura Técnica, Enxeñaría Industrial, Aspectos Legais da Profesión, Enerxías Renovables.

 

Respecto das oportunidades que ofrece o sector, este foro salienta a importancia do fomento da figura do enxeñeiro civil como enxeñeiro municipal ou territorial. Outros posibles campos de traballo con percorrido de futuro poden ser a metodoloxía BIM, as cidades sustentables, economía circular, eficiencia enerxética, xestión de datos de SmartCities, a mitigación do cambio climático…& amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; amp; lt; /p>