Saltar ao contido principal
Xornal

Sesión constitutiva do Claustro Universitario

O luns 15 na Facultade de Dereito

Actualizada: 11-10-2018 14:25
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Claustro constituirase o vindeiro luns 15 na Facultade de Dereito en dúas sesións nas que se elixirán os membros da Mesa e da Comisión Electoral Central e, posteriormente, os das restantes comisións e representantes no Consello de Goberno. Ambas sesións poderanse seguir en directo a través de USC.TV.

No Salón de Actos da Facultade, a partir das 9.15 horas está prevista unha sesión extraordinaria na que se constituirá formalmente e se elixirán  membros tanto para a Mesa do Claustro como para a Comisión Electoral Central. Posteriormente, a partir das 11.15 horas, desenvolverase unha segunda sesión de carácter ordinario para a elección de representantes do Claustro no Consello de Goberno, así como das distintas comisión claustrais: de Titulacións e ordenación docente; de Investigación; de Asuntos económicos; de Actividades culturais; de Normalización lingüística; de Reclamacións; de Asesoramento e axuda ao Valedor; e de Desenvolvemento Estatutario.