Saltar ao contido principal
Xornal

A startup Hospiband, promovida no centro Explorer USC Santiago, finalista dos Woman Explorer Awards

Actualizada: 19-10-2018 11:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Alba Sotomayor, no centro da imaxe, logo da súa designación como finalista dos premios

Alba Sotomayor Vázquez, emprendedora e participante do programa Explorer, é unha das finalistas do premios Woman Explorer Awards, inlcuídos no programa de emprendemento xuvenil ‘Explorer- Mocidade con ideas’. Alba Sotomayor foi seleccionada para a fase final polo seu proxecto Hospiband, dirixido á comercialización de pulseiras intelixentes usadas por pacientes hospitalarios e que pretenden “axilizar, modernizar e facer máis eficiente o traballo dos profesionais sanitarios achegando tranquilidade aos pacientes e mellorando a seguridade destes mediante a xeración de documentos individualizados para cada un deles”. Esta idea de negocio xorde da experiencia da súa promotora como profesional sanitario no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e conta co apio de Ángel Sotomayor Vázquez.

As cinco finalistas dos Woman Explorer Awards, ás que optan proxectos liderados por unha muller, optan a un premio dotado con 20.000 euros e acceso ao programa de aceleración Atenea que conecta mulleres emprendedoras de alto potencial cos asesores, recursos e coñecementos que precisen. O proxecto gañador coñecerase o vindeiros mes de novembro.

O programa Explorer está xestionado pola USC a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) e conta con dous centros, no edificio Emprendia en Santiago, onde xurde Hospiband, e na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. O programa conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Emprego.

Nova edición de Explorer
O programa Explorer abrirá a súa convocatoria de 2019 o vindeiro mes de novembro, estando xa aberto o prazo de preinscrición na web https://explorerbyx.org/participa/. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden contactar con Patricia González, técnico da AVTE do Campus de Lugo (patricia.gonzalez@usc.es) ou con José Manuel Rebolo, do Campus de Santiago (josemanuel.rebolo@usc.es), coordinadores do programa Explorer nos respectivos campus.