Saltar ao contido principal
Xornal

‘Don Juan Tenorio’ regresa este mes ao cemiterio San Froilán da man do taller de teatro da USC en Lugo e o grupo Palimoquiños

A intervención teatral programada no cemiterio municipal e dirixida por Paloma Lugilde desenvolverase o martes 27 de novembro a partir das 21.00 horas

Actualizada: 02-11-2018 13:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Intervención teatral no cemiterio municipal de Lugo

O alumnado participante no taller de arte dramática programado pola USC no campus de Lugo e impartido por Paloma Lugilde interpretará fragmentos dramatizados de ‘Don Juan Tenorio’ o vindeiro 27 de novembro, a partir das 21.00 horas, no cemiterio municipal de San Froilán.

 

Esta intervención teatral, na que os membros e alumnos da compañía de teatro USC-Lugo participan xunto con integrantes do grupo de investigación teatral Palimoquiños, chega este ano á súa cuarta edición e permite da continuidade  a unha actividade que se ven desenvolvendo nos últimos anos polo mes de defuntos no cemiterio municipal de San Froilán.

 

Ao tratarse de actuacións ao aire libre, no marco da que os actores e artistas participantes percorrerán todo o camposanto a través de diferentes estancias, as persoas interesadas en presenciar estas dramaturxias poderán recollerse días antes da función as entradas nas oficinas municipais do Concello de Lugo. O aforo é limitado.