Saltar ao contido principal
Xornal

O Campus Terra da USC presenta a súa oferta docente en Unitour Oviedo

Un milleiro de alumnos e alumnas asistiron este salón de orientación universitaria no que se deron cita máis de 30 universidades

Actualizada: 05-11-2018 10:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Expositor do Campus Terra da USC, na feira Unitour de Oviedo

A xestora de especialización da Oferta Docente do Campus Terra da USC, Margarita Vilela, e a xestora de Comunicación, Natalia Alonso, presentaron este luns no salón de orientación universitaria Unitour Oviedo a oferta académica do Campus Terra da USC a través dun espazo expositor polo que pasaron preto dun milleiro de estudantes.

 

A oferta académica do Campus Terra da USC consta na actualidade de dezasete títulos de grao, dous dobres graos, trece mestrados oficiais, dous mestrados propios e sete programas de doutoramento.

 

O Hotel La Reconquista acolleu unha nova edición desta feira especializada en oferta universitaria que lle permite aos seus asistentes atopar respostas a cuestións tales como ‘¿A que quero dedicarme?’ ou ‘ ¿Que quero estudar?’ e que conta xa con máis de dez anos de historia. O Campus Terra da USC compartiu espazo con máis de trinta universidades, entre as que se atopan a Carlos III de Madrid, CEU San Pablo ou Universidade de Deusto.