Saltar ao contido principal
Xornal

A Aula de Produtos Lácteos da USC forma a máis de 50 gandeiros cunha xornada sobre transformación de produtos lácteos

Actualizada: 05-11-2018 10:36
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC reúne este luns a máis de medio centenar de gandeiros e profesionais ligados ao sector de vacún de leite nunha xornada técnica promovida pola Oficina Agraria  Comarcal da Xunta de Galicia en Lugo e na que se analizarán diferentes posibilidades de transformación de produtos lácteos.

 

O responsable de I+D da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, Alfonso Pérez Quintáns, será o responsable de conducir esta sesión técnica e de transferencia ao sector agrario galego, no marco da que se abordarán as principais liñas de transformación do leite e os principais produtos lácteos dispoñibles no mercado.

 

As persoas que asistan a esta xornada formativo tamén poderán participar o mércores 7 de novembro nunha visita programa ás instalacións da cooperativa Gaza, en Zamora, onde poderán coñecer de primeira man os procesos de transformación do leite achegado polos cooperativistas, ademais da forma de xestión desta factoría leiteira.