Saltar ao contido principal
Xornal

Tratan nun congreso a adaptación do ordenamento español á xurisprudencia social do Tribunal de Xustiza

Actualizada: 07-11-2018 13:45
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita, Gárate Castro, Martínez Moya, López Díaz e Miranda Boto. Foto: Servimav-USC

Como acto final do proxecto de investigación ‘A adaptación do ordenamento español á xurisprudencia social do Tribunal de Xustiza’, a Facultade de Dereito acolle esta semana un congreso no que se presentarán os resultados máis destacados.

O comité organizador do encontro, unha actividade extraordinaria de formación do Consejo General del Poder Judicial, está formado por Javier Gárate Castro, Juan Martínez Moya, María Luisa Roldán García, Yolanda Maneiro Vázquez, Diana Santiago Iglesiase José María Miranda Boto.

O congreso organízase en varios paneis, a cargo dun membro do equipo do proxecto, que actuará como relator principal sintetizando as conclusións máis destacadas dos tres anos de investigacións. A continuación seguiranlle relatorios breves que se someterán á análise dunha persoa de prestixio allea ao equipo investigador. Ademais, nalgúns paneis un membro do Poder Xudicial achegará os seus puntos de vista máis prácticos.

Os paneis do congreso tratan cuestións como o réxime do despido colectivo, a protección dos dereitos sociais a nivel europeo, a xurisprudencia comunitaria en torno á xestación por substitución e incapacidade, a Seguridade Social e traballo a tempo parcial, igualdade e non discriminación por razón de sexo, o tempo de traballo e, por último, a influencia da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza no emprego público.

A inauguración do encontro tivo lugar este mércores nun acto ao que asistiron o reitor da USC, Antonio López Díaz, o vogal do Consejo General del Poder Judicial Juan Martínez Moya, e o investigador principal do proxecto de investigación, José María Miranda Boto.


Outras imaxes


A inauguración presidiuna o reitor Antonio López. Foto: Servimav-USC

Público asistente ao congreso, que se desenvolve na Facultade de Dereito. Foto: Servimav-USC