Saltar ao contido principal
Xornal

Proxección en Filosofía de ‘Le testament d’Orphée’, de Jean Cocteau

Actualizada: 06-11-2018 11:22
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Filosofía organiza este curso un ciclo de cinema coa proxección de filmes arredor dos que haberá sesións de debate con docentes da USC e de centros de ensino secundario.

Na sesión desta semana, este mércores 7 ás 18.30 horas proxectarase a película ‘Le testament d’Orphée’ (1960), de Jean Cocteau, na que un poeta decide facer balance da súa vida e obra chegado o momento da súa morte.

No debate sobre a cinta participarán nesta ocasión a profesora da Facultade de Historia Fátima Díez Platas, o profesor de Filosofía da USC Xavier de Donato Rodríguez e a profesora do IES Sar María Lopo.

O ciclo
O Ciclo de Cinema Filosófico contempla a proxección en datas vindeiras de filmes como ‘Ninguén sabe’, de Hirokazu Koreeda; ‘Traballo ocasional dunha escrava’, de Alexander Kluge; ou ‘Ikiru’ [Vivir], de Akira Kurosawa.