Saltar ao contido principal
Xornal

A Aula TIC Pemes da USC celebra un novo taller virtual sobre xestión de relacións con clientes baseado en software libre

A duodécima edición do programa formativo que comeza a desenvolverse en liña este mércores está estruturado en 50 horas e ten unha marcada orientación práctica

Actualizada: 06-11-2018 14:06
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Aula TIC Pemes (ATP) da USC organiza unha nova edición do taller virtual sobre xestión de relacións con clientes (CRM) baseado na ferramenta de software libre vTigerCRM. Este programa formativo que xa vai pola edición número doce e que nesta ocasión está orientado especialmente ao alumnado do máster en Dirección de Empresas que se imparte na Facultade de ADE do campusd e Lugo.

 

Esta acción formativa, estruturada en 50 horas, desenvolverase en liña e presenta unha marcada orientación práctica. A temática a tratar é a ferramenta de software libre vTigerCRM, especialmente pensada para a xestión dos datos dos clientes das pequenas e medianas empresas, así como de todas as relacións comerciais que se deriven do contacto tanto cos clientes como os potenciais clientes. O alumnado do máster aprenderá a manexar as diferentes funcionalidades, posto que é un curso cunha clara orientación práctica.