Saltar ao contido principal
Xornal

O historiador Javier Gómez Vila ofrece este xoves un relatorio sobre a guía de peregrinos de Herman Küning na Casa do Saber

A sesión, organizada pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, comezará ás 20.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

Actualizada: 07-11-2018 10:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da conferencia

O doutor en Arqueoloxía e Historia pola USC e profesor no Ies Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo Javier Gómez Vila ofrecerá este xoves, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o relatorio ‘A guía de peregrinos de Herman Küning de Vach: Un paseo polo camiño francés por Lugo’.

 

O profesor Gómez Vila tratará nesta sesión, organizada pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, o itinerario de peregrinaxe que vai desde Herrerías de Valcarce ata Santiago cruzado as terras de As Nogais, Becerreá, Baralla e O Corgo ata chegar á cidade de Lugo, un camiño denominado vía Küning, na honra do peregrino alemán Herman Küning von Vach, que no ano 1495 completou este percorrido, ao tempo que elaborou unha guía coa pretensión de servir de axuda a outros camiñantes.

 

Este camiño, que, a partir da súa chegada á capital amurallada, enlace co Camiño Primitivo, ofrece aos peregrinos un itinerario alternativo para non ter que atravesar no máis cru do inverno as montañas do Cebreiro e o Alto do Poio.