Saltar ao contido principal
Xornal

NerdNite especial sobre a Teoría de Cordas

Actualizada: 12-11-2018 13:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Con motivo da Semana da Ciencia que organiza o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), a NerdNite do vindeiro martes 13 será unha sesión monográfica sobre a Teoría de Cordas.

A partir das 21.00 horas na Nave de Vidán, os profesores de Física Teórica das USC Javier Mas Solé e Jose Edelstein ofrecerán as charlas ‘O discreto encanto do cuanto’ e ‘Coma dous estraños’, respectivamente, para rematar co catedrático Alfonso Vázquez Ramallo e a súa intervención ‘As supercordas e os cabos soltos da física’.