Saltar ao contido principal
Xornal

O ránking THE sitúa a USC entre as mellores universidades do mundo nas áreas de Ciencias da Vida, Ciencias físicas, Psicoloxía e Clínica, preclínica e Saúde

Segundo a anterior actualización, a pasada semana tamén apareceu destacada en Ciencias das Educación, Ciencias Sociais, Negocios e Economía, Artes e Humanidades e Educación

Actualizada: 08-11-2018 14:26
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O ránking Times Higher Education acaba de realizar unha nova actualización da súa listaxe das mellores universidades do mundo organizadas por ámbitos temáticos e que inclúe á USC en catro categorías. Así, a institución docente figura entre as máis importantes no ámbito das Ciencias da Vida (posición 401-500); Ciencias físicas (401-500); Clínica, preclínica e saúde (401-500) e en Psicoloxía (401). Para e elaboración destas listaxes, o ránking ten en conta os mesmos indicadores de rendemento da clasificación global recalibrándoos para adaptarse aos campos específicos.

Ademais de incluíla na lista das mellores universidades do mundo pola súa valoración global, a edición 2019 de Times Higher Education (THE) por áreas de coñecemento tamén situaba a pasada semana á USC como unha das mellores da área de Artes e Humanidades e na de Educación. En ambos casos, a Universidade compostelá figura no intervalo 301-400.  As novas actualización súmanse ademais ás relativas a Ciencias Sociais (501-600) e Negocios e Economía (401-500).

Na elaboración das clasificacións, THE toma como referencia trece indicadores agrupados en cinco áreas: ensinanza (30% do valor da nota global), investigación (30%), citacións (30%), transferencia de coñecemento (2,5%) e a perspectiva internacional (7,5). No caso dá área de ensino, o indicador de maio valor son os resultados dunha enquisa de valoración sobre as institucións avaliadas, combinado con outros como a ratio profesorado/alumnado ou a ratio entre doutoramento/alumnado graduado, entre outros.

Na valoración do apartado da investigación, ademais de datos de produtividade ou ingresos por investigación o indicador de maior valor tamén é unha enquisa sobre a reputación de cada universidades neste ámbito específico. No caso das citacións tómanse en consideración as mencións rexistradas a través de Elsevier. Para a perspectiva internacional avaliáronse os datos relativos a alumnado e profesorado internacional e colaboracións con outros países.