Saltar ao contido principal
Xornal

Entrega dos premios á excelencia dos estudantes da USC en destinos internacionais

Na mesma cerimonia recoñecerase o esforzo na promoción da USC

Actualizada: 09-11-2018 12:20
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, presidirá este luns 12, ás 11.00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, o acto de entrega de diplomas dos II Premios á excelencia dos estudantes da USC en destinos internacionais. Na cerimonia, na que tamén participará o vicerreitor de Estudantes e Internacionalización, entregaranse tamén os recoñecementos á promoción da USC en destinos internacionais.

Os premios á excelencia do estudantado estaba dirixido ao alumnado  de  grao ou  mestrado  da  USC que tivese participado nunha mobilidade internacional baixo   calquera dos programas nos que participe a USC durante o pasado curso. Está previsto un  premio  en  metálico  e  diploma  acreditativo  por  cada área  de  coñecemento para o alumnado cunha nota media máis  alta acadada dos créditos recollidos no  certificado de notas que figuren no seu expediente. Na modalidade de premios á promoción, podían presentarse todos os membros da comunidade universitaria, que tras  facer unha mobilidade internacional baixo  calquera  dos  programas  de  mobilidade nos que participe a USC acreditasen actividades de promoción institucional da USC nas universidades de destino.