Saltar ao contido principal
Xornal

O profesor José Martín Carreira Villamor, premio á profesión en Radioloxía 2018 da Sociedade española desta especialidade

Actualizada: 09-11-2018 14:08
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor Carreira nun momento da súa intervención na sesión na que recolleu o premio

O vicedecano da Facultade de Medicina e Odontoloxía José Martín Carreira Villamor acaba de recoller o premio á Profesión en Radioloxía 2018 que outorga a Sociedade Española desta especialidade (SERAM). Este é un recoñecemento que o colectivo fai a “compañeiros que máis se teñan distinguido ao longo da súa traxectoria profesional”.

Profesor da área de Radioloxía e medicina física, o doutor Carreira Villamor é ademais radiólogo intervencionista na xerencia de xestión integrada de Santiago. A súa produción científica inclúe máis de 200 publicacións nacionais e internacionais e a participación de máis de 20 proxectos de investigación.


Outras imaxes


De esquerda a dereita: Fátima Matute, secretaria xeral de SERAM; Francisco Javier Rodríguez, secretario da Fundación Española de Radioloxía; Pablo Valdés Solís, presidente de SERAM; Milagros Martí, vicepresidenta de SERAM; e o doutor Carreira