Saltar ao contido principal
Xornal

Toda a información sobre mobilidade internacional, no Foro Móvete Espazo Europeo

Desenvolverase os días 20 e 21 de novembro na Facultade de Dereito

Actualizada: 12-11-2018 14:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Dereito acollerá os vindeiros días 20 e 21 de novembro o Foro Móvete Espazo Europeo, un espazo no que ofrecer a estudantado e alumnado egresado da USC diferentes recursos – prácticas, voluntariado e emprego- para a mobilidade internacional. O período de inscrición está aberto ata o 19 de novembro.

Organizado pola Área de Orientación Laboral e Emprego do Campus de Santiago, o CEDE e Europe Direct -Deputación de A Coruña, o evento pretende que as persoas participantes coñezan as esixencias do mercado laboral internacional, melloren a súa comprensión da diversidade e desenvolvan habilidades, adquiran competencias e experiencia profesional.

O Foro Móvete, no que tamén pode participar calquera persoa interesada en estudar ou desenvolver a súa profesión noutro país da Unión Europea, encádrase na liña da Xornada Móvete que a Área de Orientación Laboral e Emprego de Santiago vén desenvolvendo desde hai varios cursos. Nesta ocasión a USC conta coa colaboración de Europe Direct A Coruña, o que permite ampliar a súa duración, así como o número e variedade de conferenciantes convidados, organismos, entidades e empresas.