Saltar ao contido principal
Xornal

O sector conserveiro centra o coloquio de economía aplicada deste mércores

Actualizada: 14-11-2018 10:41
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os II Coloquios de Economía Aplicada volven este mércores 14 cunha nova sesión,  nesta ocasión centrada no sector conserveiro, estratéxico para Galicia. A cita será ás 16.30 horas na aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

No debate, o catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC, Xoán Carmona Badía, e a directora xeral de Conservas Friscos S.A, Rosa María Nieto Pombar, abordarán cunha visión ampla, integradora e resolutiva a realidade e as perspectivas do sector das conservas do peixe en Galicia á vez que incidirán no papel da muller.