Saltar ao contido principal
Xornal

Continúa a I Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías

O xoves 15 resólvese o I Concurso de Comunicación Científica

Actualizada: 13-11-2018 13:03
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Dando continuidade ás actividades que o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) desenvolve na súa I Semana da Ciencia, Hans Bantilan impartirá este mércores 14 a charla ‘Buratos negros’, especificamente dirixida a estudantes de Física. Será na Aula Magna da Facultade de Física a partir das 20.00 horas.

Xa o xoves 15 será a quenda do I Concurso de Comunicación Científica do IGFAE, nunha sesión a partir das 18.00 horas na que se resolverá a competición  de monólogos científicos e se entregarán os premios das categorías de artigos e experimentos, demostracións ou aplicacións móbiles. De xeito paralelo, entre os mércores 14 e o venres 16 desenvolverase un ‘Curso de Comunicación Científica’ a cargo de Eduardo Sáenz de Cabezón e Héctor Urién para o que é preciso realizar inscrición previa e que está dotado cunha carga lectiva de 13 horas.

Ademais destas actividades, persoal investigador do Instituto impartirá esta semana e en datas próximas conferencias en distintos centros de ensino secundario de toda Galicia para dar a coñecer a actividade que se desenvolve no IGFAE.