Saltar ao contido principal
Xornal

Marcela Lagarde impartiu na USC un obradoiro de apoderamento das mulleres na contorna universitaria

Actualizada: 20-11-2018 13:35
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Foto de grupo das asistentes ao obradoiro con Marcela Lagarde. Foto: Servimav-USC

A recoñecida antropóloga Marcela Lagarde impartiu esta mañá na Facultade de Ciencias Políticas un obradoiro de apoderamento das mulleres na contorna universitaria no que falou da relación entre a academia e o feminismo e deu claves para a acción política en todos os sectores da comunidade.

Autora de numerosos estudos sobre xénero, feminismo, desenvolvemento humano e autonomía das mulleres, Lagarde acuñou o termo ‘feminicidio’ para describir a situación da violencia contra as mulleres en Cidade Juárez, que logo se estendeu por todo o mundo. Tal é a relevancia da súa figura que as inscricións para asistir á xornada se esgotaron de inmediato.

O obradoiro organizouno, en colaboración coa Oficina de Igualdade, a rede Armela, un grupo de investigación da USC que ten como finalidade  analizar, dende unha perspectiva multidisciplinar, os dereitos sociais, a igualdade e ao Estado social no contexto actual de crise económica.


Outras imaxes


De esquerda a dereita, Alba Nogueira, Marcela Lagarde e Mar Lorenzo. Foto: Servimav-USC

A sesión de traballo tivo lugar en Ciencias Políticas. Foto: Servimav-USC