Saltar ao contido principal
Xornal

Acto institucional da USC co gallo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

A sesión desenvolverase este xoves 22 de novembro, ás 12.30 horas, na Casa do Saber de Lugo

Actualizada: 22-11-2018 14:14
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz conmemorativo

A USC celebrará este xoves, a partir das 12.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o acto institucional conmemorativo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha efeméride que se celebra o 25 de novembro.

 

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presidirá a celebración deste acto institucional, no marco dunha sesión na que tamén intervirán a alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez; a subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez López; o deputado provincial Álvaro Santos Ramos, e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo Lorenzo.

 

O acto institucional comezará coa entrega de premios ás gañadoras da quinta edición do Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, unha iniciativa promovida pola USC para sensibilizar sobre esta problemática. De seguido, a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, procederá á lectura dun manifesto consensuado polas institucións representadas na Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (Ruigeu).

 

A performance ‘A violación’, a cargo do alumnado participante no taller de arte dramática do campus de Lugo da USC, impartido e dirixido por Paloma Lugilde, servirá de colofón deste acto institucional da USC co gallo do  Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.