Saltar ao contido principal
Xornal

A catedrática da USC Rosa Mosquera aborda en DivulgaTerra o papel do pastoreo na prevención de incendios forestais

O ciclo de divulgación científica do Campus Terra celebra este xoves 22, a partir das 19.00 horas, na Casa do Saber, a sesión dedicada ás Ciencias e á Tecnoloxía

Actualizada: 21-11-2018 11:07
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz da xornada

A catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC na Escola Politécnica Superior de ofrecerá este xoves 22 de novembro, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un relatorio sobre o papel do pastoreo no monte na prevención dos incendios forestais. Esta charla enmárcarse na segunda sesión de DivulgaTerra, o evento a través do que o Campus Terra da USC pretende promover o uso do galego como idioma de divulgación científica.

 

A segunda sesión de DivulgaTerra, contará, ademais de coa participación de Rosa Mosquera, co tamén investigador Ignacio García Rodríguez, quen centrará a súa intervención en como vai afectar o cambio climático aos carballos. A continuación, Mónica Ruy afondará na modelaxe biomecánica das árbores; e Paula Rodríguez Villamayor tentará responder á cuestión ‘Que é iso da comunicación química?’. Julio A. Seijas Vázquez pronunciará o relatorio ‘Microondas: quentando desde dentro’; mentres que Xesús Feás Sánchez e María Amparo Ferreira Golpe falarán da vespa velutina, nas súas respectivas intervencións.

 

O DivulgaTerra celebrará a súa derradeira sesión desta terceira edición o xoves 29 de novembro, ás 19.00 horas, na Casa do Saber. Nesta ocasión, as Artes, Humanidades e Ciencias Sociais serán as protagonistas dun evento no que a entrada é libre e de balde ata completar aforo, e no que a profesora da Facultade de Humanidades Ana Goy, aportará unha visión do Pórtico da Gloria despois da restauración.