Saltar ao contido principal
Xornal

O grupo Hispona da USC propón unha reflexión sobre a transición

Actualizada: 26-11-2018 09:35
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Aproveitando o corenta aniversario da aprobación da Constitución de 1978, o grupo Hispona (Historia Política e dos Nacionalismos) da USC organiza esta semana o encontro ‘Arredor do 78: xornadas de reflexión e debate sobre a Transición'.

O coordinador, o profesor Emilio Grandío Seoane, pretende que sexa “un espazo de debate reflexivo sobre o noso pasado recente”. Así, este martes 27 e o mércores 28 trataranse cuestións como o posicionamento das dereitas ante a Constitución, a evolución do PSOE, o rol da prensa, o papel do Pazo de Meirás ou as investigacións recentes acerca de temas como Ascón, a muller ou a ultradereita.

As xornadas, a desenvolver nas aulas 5 e 11 da Facultade de Xeografía e Historia da USC, son de entrada libre.