Saltar ao contido principal
Xornal

O Hinduísmo e a filosofía do acto centran o tema da intervención de Max Jean Zins este martes na Casa do Saber

A conferencia, de entrada libre e de balde para todo o público interesado, comezará ás 20.00 horas e estará seguida dun coloquio co profesor ‘ad honorem’ da USC

Actualizada: 26-11-2018 10:21
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Max Jean Zins, profesor 'ad honorem' da Facultade de Humanidades

O profesor ad honorem na Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC Max Jean Zins abordará este martes 27 de novembro, a partir das 20.00 horas, a temática do Hinduísmo e a filosofía do acto no marco do ciclo ‘Unha viaxe por España a través da India’, un programa de relatorios a través do que Max Jean Zins reflexiona sobre as semellanzas advertidas entre estes dous países, ao tempo que tratará outras problemáticas análogas en ambos territorios.

 

O experto xeopolítico e director de investigación honorario do Centro Nacional de Investigacións Científicas (CNRS) Max Jean Zins, afondará este martes sobre algunhas das particularidades da relixión maioritaria na India nunha sesión na que afondará sobre a ausencia de culpabilidade nos postulados do hinduísmo.

 

A co existencia de diversos deuses e, en consecuencia, diferentes movementos relixiosos da poboación da India será outra das cuestións a tratar por Max Jean Zins nesta intervención, na que logo de apuntar algunhas semellanzas e diferenzas entre o Cristianismo e o Hinduísmo, tamén explicará a idea asumida polo Hinduísmo de que cada acto ou acción humana incide na harmonía do Universo, un equilibrio que é imprescindible conservar.