Saltar ao contido principal
Xornal

Unha xornada en Ciencias Económicas achega a realidade da economía social ao estudantado da USC

Actualizada: 26-11-2018 14:08
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este martes 27 unha xornada de achegamento da Economía Social ao estudantado da USC co lema ‘Coñeces a economía social?’. Esta é unha actividade que organiza o Centro de Estudos Cooperativos da USC (CECOOP) e a rede EuSumo na que as diversas entidades que pertencen ao Foro pola Economía Social de Galicia terán expositores co obxectivo de dar conta da súa actividade diaria.

Así, AESGAL, AGACA, AEIGA, CEGASAL, ESPAZOCOOP e a propia Rede EuSumo mostrarán o seu labor cotián entre as 10.00 e as 14.00 horas na Facultade compostelá. Ademais dos expositores, o programa complementarase con talleres de xogo de creación de empresas para grupos de entre 15 e 20 estudantes (#ASOLUCIONCOOPERATIVA!).