Saltar ao contido principal
Xornal

Edelmiro López Iglesias e representantes de Dairy Lac debaterán sobre o futuro do sector agroalimentario galego

Actualizada: 27-11-2018 11:47
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Este mércores 28 de novembro, ás 16:30 horas na aula B da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, o profesor Edelmiro López Iglesias e representantes da empresa Dairy Lac participarán nos II Coloquios de Economía Aplicada, que con entrada libre se celebran periodicamente ao logo do presente curso académico. Os relatores reflexionarán acerca do presente e o futuro do sector agroalimentario galego, tentando definir as prioridades. 

O profesor Edelmiro López ten unha ampla experiencia académica e investigadora no sector agroalimentario, ademais de ter ocupado cargos de responsabilidade na xestión pública. A empresa Dairy Lac estará representada por dous dos seus responsables, antigos alumnos da USC, que presentarán a súa iniciativa empresarial. En definitiva, tratarase de definir as claves dunha estratexia de desenvolvemento sostible para o sector.