Saltar ao contido principal
Xornal

Fademur inaugura en Fonseca a exposición ‘Con mans de muller’

Actualizada: 27-11-2018 12:04
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) inaugura este mércores 28, ás 12.30 horas no Claustro Alto do Colexio de Fonseca, a exposición ‘Con mans de muller’ na que se reivindica o territorio rural como un ámbito para a innovación a partir da historia real de mulleres galegas.

A mostra, que poderá visitarse de luns a venres de 09.00 a 21.00 horas, ensina en 25 imaxes as historias de vida de mulleres do noso rural. Os traballos cotiáns elaborados en primeira persoa por mulleres diversas en idades e procedencias que evocan o saber popular e a tradición pero que tamén contribúen á modernidade, ao sustento de Galicia tanto a nivel económico como medioambiental e social.