Saltar ao contido principal
Xornal

A Aula de Teatro da USC estrea A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour

A estrea será o próximo luns 3 de decembro ás 21.00 horas no Teatro Principal

Actualizada: 27-11-2018 13:44
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel da estrea do próximo luns 3 de decembro

A última estrea da Aula de Teatro da USC propón unha reflexión sobre o medo e como este pode condicionar a vida. Este é o fío de ‘A muller que tiña medo e marchou a vivir ao Carrefour’, cuxa estrea será o luns 3 de decembro ás 21.00 horas no Teatro Principal. Como xa é habitual, a representación será de acceso libre previo paso pola billeteira, aberta dende as 19.30 horas, onde se poderán retirar un máximo de dúas entradas por persoa.

A peza, a partir de textos e dirección de Roberto Salgueiro, ten unha duración de 47 minutos e é apta para todos os públicos. O reparto intégrano, por orde de intervención, Lara Pouso, Xiana Fole, Antía González e Inma Fernández. Completan o elenco Gerardo Fuentes (cartel e programa) e Javier López Jorge (piano).

Como se recolle no programa desta obra “se algo caracteriza o medo é a súa capacidade mimetismo. Coma os insectos que se confunden entre as follas das árbores ou os roedores que, inmóbiles, pasan desapercibidos entre a herba dos prados, o medo coñece perfectamente o medio onde se desenvolve e pon en marcha as estratexias necesarias para non ser recoñecido”.