Saltar ao contido principal
Xornal

O Ciclo de Cinema Filosófico proxecta e debate arredor do filme Traballo ocasional dunha escrava

Actualizada: 28-11-2018 11:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel da sesión deste mércores 28

A terceira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico celebrarase este mércores 28 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía centrado na proxección do filme Traballo ocasional dunha escrava (1973) de Alexander Kluge (Gelegenheitsarbeit einer Sklavin, título orixinal en alemán).

A xornada comezará ás 18.30 horas presentada e moderada polo profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación Manuel Outeiriño, xunto a quen tamén intervirán Martín González Fernández e Xavier de Donato Rodríguez, ambos os dous da Facultade de Filosofía da USC.

A protagonista da historia Roswitha exerce como abortista e como sostén económico da súa familia. A cinta mostra a súa historia e os seus intentos por xerar unha revolución na sociedade, proceso que, paradoxicamente, non consegue no seo da súa propia familia.