Saltar ao contido principal
Xornal

O repositorio Minerva incorpora os fondos do arquivo vivo arredor das mobilidades e producións artísticas xurdidas coa catástrofe do Prestige

Actualizada: 29-11-2018 11:13
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Captura do portal de acceso ao arquivo en Minerva

O repositorio institucional da USC, Minerva, acaba de incorporar aos seus fondos un Arquivo Vivo das mobilizacións cidadáns e as producións artísticas e culturais xurdidas arredor da catástrofe do petroleiro Prestige. Este Arquivo conforma unha das iniciativas do proxecto ‘Unha Gran Burla Negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2019]’. Ademais da súa consulta a través do repositorio dixital, o arquivo estará depositado en réxime de comodato en formato físico na Biblioteca Xeral da USC.

Actualmente, o Arquivo Vivo está nutrido por diferentes fondos bibliográficos e documentais cedidos por Difusora de Letras, Artes e Ideas e pola Asociación Cultural Benito Soto (paraugas legal da Plataforma Contra a Burla Negra). Dende a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra manteñen aberta a posibilidade que todas as persoas interesas en continuar este Arquivo Vivo fagan as súas achegas a través da plataforma web da Asociación (http://unhagranburlanegra.gal/arquivo-vivo/). Esta colaboración quedou formalizada nun convenio asinado a mediados de mes entre a USC e a Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra.