Saltar ao contido principal
Xornal

Química homenaxea nun congreso ao profesor Luis Castedo con motivo do seu 80 aniversario

Actualizada: 29-11-2018 11:38
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Coincidindo coa celebración do 80 aniversario do profesor Luis Castedo, a Facultade de Química acolle este venres 30 o congreso homenaxe ‘Perspectivas en ciencias químicas II’. O reitor da USC Antonio López presidirá a sesión inaugural a partir das 19.30 horas, na que tamén está prevista a asistencia da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; a decana do centro, Pilar Bermejo; o presidente da Real Sociedade Española de Química, Antonio M. Echavarren; e o director científicos do CiQUS, José Luis Mascareñas.

Ademais, está previsto que o profesor Jean-Pierre Sauvage, premio Nobel de Química, pronuncie a primeira conferencia da xornada co título ‘Dos aneis entrelazados e anudados ás máquinas moleculares’. Seguiranlle na quenda de palabras o profesor da Universidade de Cambridge CHris Abell; Cristina Nevado, da Universidade de Zurich; Maurizio Prato, da Universidade de Trieste; e Eric Jacobsen, da Universidade de Harvard.

Completando a xornada, pola tarde, a partir das 16.45 está prevista unha homenaxe ao profesor Luis Castedo, no que ademais del tamén tomarán a palabra Esther Domínguez, da Universidade do País Vasco, e o ex reitor da USC Carlos Pajares. Como conferencia de clausura está previsto que o profesor da Universidade Complutense Alfredo Pérez Rubalcaba pronuncie a conferencia ‘O despegue da ciencia en España nos anos 80’.