Saltar ao contido principal
Xornal

A Aula de Teatro da USC estrea A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour

A estrea será o luns 3 de decembro ás 21.00 horas no Teatro Principal

Actualizada: 30-11-2018 10:24
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A última estrea da Aula de Teatro da USC propón unha reflexión sobre o medo e como este pode condicionar a vida. Este é o fío de ‘A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour’, que se representará o luns 3 de decembro ás 21.00 horas no Teatro Principal. Como xa é habitual, a representación será de acceso libre previo paso pola billeteira, aberta dende as 19.30 horas, onde se poderán retirar un máximo de dúas entradas por persoa.

A peza, a partir de textos e dirección de Roberto Salgueiro, ten unha duración de 47 minutos e é apta para todos os públicos. O reparto intégrano, por orde de intervención, Lara Pouso, Xiana Fole, Antía González e Inma Fernández. Completan o elenco Gerardo Fuentes (cartel e programa) e Javier López Jorge (piano).

Como se recolle no programa desta obra “se algo caracteriza o medo é a súa capacidade mimetismo. Coma os insectos que se confunden entre as follas das árbores ou os roedores que, inmóbiles, pasan desapercibidos entre a herba dos prados, o medo coñece perfectamente o medio onde se desenvolve e pon en marcha as estratexias necesarias para non ser recoñecido”.