Saltar ao contido principal
Xornal

Convócanse dúas bolsas para unha estadía curta na Universidade Yokohama City

Actualizada: 30-11-2018 12:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O 6 de decembro remata o prazo para solicitar unha das dúas bolsas que outorga a Universidade xaponesa de Yokohama para gozar alí dunha estadía cultural durante unha semana no mes de marzo.

Para poder participar nestas bolsas, que inclúen os gastos do programa cultural de actividades e de aloxamento, é necesario ser estudante da USC e posuír o certificado do exame Noken N3.

Quen desexe solicitalo deberá enviar un correo electrónico antes das 23:59 horas do 6 de decembro ao enderezo  clm@usc.es. Os resultados coñeceranse durante a semana do 10 a 14 de decembro.