Saltar ao contido principal
Xornal

Veterinaria achega a preto de 20 investigadores ao ámbito da acuicultura cun taller de necropsia e toma de mostras de peixes

Profesionais do Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria da USC impartiron esta actividade formativa e de divulgación organizada co gallo do Día da Acuicultura

Actualizada: 30-11-2018 14:04
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Investigadores no taller de necropisa de peixes, en Veterinaria

A rede de Inmunoxenómica de Enfermidades de Peixes e Moluscos (Inmunogenom), formada por investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Centro de Investigacións Mariñas (Cima) celebra este venres na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo un taller de necropsia e toma de mostras de peixes co gallo da celebración do Día da Acuicultura.

 

Esta actividade práctica, impartida por profesores e investigadores do Grupo de Anatomía Patolóxica Veterinaria da USC, coordinado por Maribel Quiroga Berdeal, contou coa participación de preto de vinte investigadores. A sesión serviu asemade de colofón das actividades programadas no marco da I Xornada da Mocidade Investigadora en Acuicultura, un foro científico que congregou máis de medio centenar de investigadores de toda España no campus de Lugo, onde teñen a sede dos grupos de investigación en acuicultura máis punteiros a nivel nacional.