Saltar ao contido principal
Xornal

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo reúnese este martes na USC

A CRUSOE manterá ademais unha reunión de traballo co grupo de seguimento da macrorrexión RESOE

Actualizada: 03-12-2018 14:28
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) manterá este martes 4 na USC unha reunión da súa comisión executiva. A xuntanza dará comezo ás 10.30 horas no Salón reitoral do Colexio de San Xerome cunha benvida por parte do reitor Antonio López.

A continuación, e baixo a presidencia do presidente da CRUSOE, Rui Vieira de Castro, darase paso á sesión na que se aproveitará para preparar os temas a tratar na xuntanza que seguidamente –á s 12.30 horas- terá lugar no mesmo espazo, unha reunión conxunta do grupo de traballo ‘Educación, Universidades e Investigación’ da CRUSOE e do grupo de seguimento da Macrorrexión RESOE.

Esta xuntanza conxunta CRUSOE-RESOE presidiraa o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a ela asistirá tamén a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar. Nela, entre outras cuestións, tratarase a creación da Secretaría Executiva da CRUSOE, a posibilidade de estender a rede ao País Vasco e Aquitania e alianzas con outros territorios do Arco Atlántico.