Saltar ao contido principal
Xornal

Últimos días para inscribirse na cuarta xornada ‘Mulleres na ciencia’

Consistirá nunha mesa redonda sobre como promover as vocacións STEM femininas

Actualizada: 05-12-2018 09:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do encontro que se celebrará o vindeiro 14 de decembro

Ata as 12.00 horas do vindeiro 13 de decembro permanece aberto o prazo de inscrición da cuarta edición da xornada ‘Mulleres na ciencia’. Esta é unha iniciativa que organiza a Oficina de Igualdade de Xénero da USC coa Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal). De inscrición gratuíta, entregarase diploma acreditativo de asistencia.

A xornada, que se desenvolverá o 14 de decembro ás 16.00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, consistirá nunha mesa redonda co lema ‘Como promovemos as vocacións STEM femininas?’. Moderada pola profesora da USC Encina Calvo, intervirán Luz Castro Pena, de Imaxin Software; Soledad Torres Guijarro, da Universidade de Vigo; Joana Magalhaes, do Instituto de Investigación Biomédica; e Susana Ladra González, da Universidade da Coruña.