Saltar ao contido principal
Xornal

A xestión da diversidade por discapacidade e diferencias culturais centra un seminario en Administración e Dirección de Empresas

A sesión, promovida polo alumnado do Máster en Dirección de Empresas MBA Lugo, desenvolverase este luns, a partir das 12.00 horas, no salón de graos do centro

Actualizada: 07-12-2018 11:27
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A xestión da diversidade ben por razón de discapacidade ben por cuestións de diferencias culturais centra a temática do seminario promovido polo alumnado do Máster en Administración e Dirección de Empresas MBA Lugo que se desenvolverá o luns 10 de decembro, a partir das 12.00 horas, no salón de graos da Facultade de administración e Dirección de Empresas.

O seminario, que leva por título ‘Rompendo as barreiras das diferencias’, está pensado como unha acción formativa aberta á participación de todo o público interesado. As orientadoras laborais en servizos de intermediación laboral Toñi Ares García e Tania Castro Lozano, de Cogami, abrirán a quenda de relatorios cunha intervención sobre a potenciación das capacidades.  A orientadora laboral de Cruz Vermella na provincia de Lugo Yolanda Hernández Pinilla pechará a quenda de intervencións co relatorio ‘As persoas por riba das diferencias culturais’.