Saltar ao contido principal
Xornal

Unha investigación da EPS de Enxeñaría avalía procedementos de planificación, seguimento e control das obras en enxeñaría civil

A enxeñeira Elena Vázquez García afonda na súa tese, dirixida por Martín Barrasa e Carlos Amiama, a aplicación da do método da cadea crítica á construción

Actualizada: 07-12-2018 11:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Elena Vázquez, no centro xunto cos membros do tribunal e os seus directores de tese

A desviación en tempos e custos, respecto ás previsións iniciais, nos proxectos de enxeñaría civil  é unha constante á que a nosa sociedade está acostumada. Urxe  á busca de solucións máis efectivas na planificación, seguimento e control de obras que permitan completar os proxectos dentro dos prazos e cos orzamentos establecidos.

A tese de doutoramento que vén de presentar na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC Elena Vázquez García  baixo o título ‘Aplicación do método da cadea crítica ao sector da construción’ aborda en profundidade estas cuestións ligadas coa enxeñaría civil.

As técnicas propostas no marco desta investigación foron testadas en obras reais, comparando os resultados obtidos coa súa utilización, fronte ás planificacións elaboradas con métodos convencionais. O estudo conclúe que a integración de metodoloxías como o método da cadea crítica e a análise do valor ganado permiten obter planificacións máis axustadas á realidade, cunha mellora de rendementos e do control do avance da obra.

A investigadora salienta asemade na súa tese de doutoramento, dirixida polos profesores da área de Proxectos de Enxeñaría da USC Martín Barrasa e Carlos Amiama, que a aplicación das metodoloxías suxeridas posibilitan acadar respostas máis rápidas ante posibles desviacións producidas durante o desenrolo das obras, que se traducen en menores sobrecustes e retrasos.

Tribunal de tese e cualificación
O tribunal avaliador estivo presidido por Francisco Ortega Fernández, catedrático da área de Proxectos de Enxeñaría  da Universidade de Oviedo. A profesora da área de Proxectos de Enxeñaría da Universidade de Vigo Itziar Goicoechea Castaño e  o catedrático da Área de Proxectos de Enxeñaría da USC Manuel Francisco Marey Pérez, completan a composición dun tribunal que outorgou a esta tese de doutoramento a máxima cualificación de sobresaínte cum laude.