Saltar ao contido principal
Xornal

Woman Emprende co organiza o I Encontro das emprendedores do programa Emega

Actualizada: 07-12-2018 12:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A USC co organiza coa Secretaria Xeral de Igualdade o primeiro Encontro das emprendedoras do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia. A través do programa Woman Emprende, a xornada celebrarase o próximo 14 de decembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Aberto ao público xeral, o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e a subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Aurora Patiño Doval, inaugurarán o encontro ás 16.00 horas, dando paso á mesa redonda ‘As emprendedoras pasan á acción’. Nela intervirán presentarán as súas experiencias Iria Otero Mazoy, de Bodega de Autora; Laura Reyes Quintela, do Trisquel Compostela IS; e Raquel Alonso Oreiro, de Captain Scott’s Notebook SL, como mostras do emprendemento no rural, o de base tecnolóxica e nos sectores tradicionais, respectivamente, moderadas por Eva López Barrio, do programa Woman Emprende.

A partir das 17.15 horas está prevista unha pausa no programa no que se realizará unha visita á exposición das emprendedoras beneficiarias das axudas de EMEGA e logo da que se presentarán as mensaxes elaboradas no taller formativo polas mesmas emprendedoras, sesión que dirixirá Sabela López Figueiras, tamén de Woman Emprende. Na clausura está previsto que interveñan a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.