Saltar ao contido principal
Xornal

Debaten a cuestión competencial das Comunidades Autónomas desde a perspectiva do Dereito Civil

Actualizada: 10-12-2018 11:03
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Co gallo do 40 aniversario da Constitución, a profesora Marta Otero Crespo organiza este martes 11 na Facultade de Dereito unha xornada para debater a cuestión competencial Estado-Comunidades Autónomas desde a perspectiva do dereito civil, poñendo o foco en Galicia.

A xornada comezará ás 16.30 cunha presentación do catedrático Santiago Álvarez González, a quen lle seguirá o investigador da Universidade de Valencia Ignacio Durbán cun relatorio sobre a plurilexislación civil 40 anos despois da aprobación da CE. A competencia en materia de dereito civil en Galicia tras a STC 133/2017 e a (non)regulación do rexime de corresponsabilidade parental en Galicia son os temas que tratarán, respectivamente, María Paz García Rubio e Isabel Espín Alba.

A xornada rematará coa intervención do maxistrado do TSXG en excedencia Luís Villares Naveira, que fará unha aproximación crítica ao exercicio da competencia civil polo poder lexislativo galego.