Saltar ao contido principal
Xornal

Últimas días para presentar orixinais á décimo terceira edición do Premio de Relato Curto

Dotado con 500 euros, o prazo de presentación de traballos remata o 31 de decembro

Actualizada: 11-12-2018 10:53
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) mantén aberto ata o próximo 31 de decembro a décimo terceira edición do Premio de Relato Curto. A convocatoria está dotada economicamente con 500 euros, cantidade que achega o Instituto Policlínico La Rosaleda.

Aberto a todo o público en xeral –agás aos integrantes da xunta directiva da asociación-, o tema será de libre elección, rigorosamente inédito e redactado en galego, cun máximo de sete folios. Ademais deben presentarse baixo pseudónimo, por triplicado, mecanografado a dobre espazo en DIN-A4 e na fonte Times New Roman en tamaño 12. Os traballos deben ser remitidos ou a través de correo electrónico a alumni@usc.es ou por correo certificado á Casa da Concha, Rúa da Conga, 1 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

A presidenta da Alumni, Benita Silva, que agradece o patrocinio de La Rosaleda un ano máis, indica que o certame é unha das actividades culturais da asociación coa que se pretende chegar ao maior número de persoas posible a partir da propia convocatoria. “Comprobamos ano a ano o elevado talento dos participantes, así que animamos a xente de todo tipo a presentar os seus traballos”, segundo indica Silva.