Saltar ao contido principal
Xornal

O Campus de Fútbol USC para rapaces e rapazas de 4 a 16 anos celebrarase a finais de mes en colaboración coa SD Compostela

A inscrición pode realizarse ata o próximo luns 17

Actualizada: 12-12-2018 12:09
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Celebrarase os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 8.30 a 14.30 horas

Coa colaboración do club SD Compostela, a Universidade de Santiago organiza o Campus de Fútbol USC para rapaces de entre 4 e 16 anos. Celebrarase no Pavillón Universitario os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro en horario de 8.30 a 14.30 horas. A inscrición xa se pode formalizar ata o próximo luns 17 nas oficinas do club de fútbol no Estadio Vero Boquete de San Lázaro ou a través do correo electrónico sdcompostela@sdcompostela.com.

Son obxectivos deste campus coñecer, progresar e perfeccionar aspectos técnicos de fútbol, tanto individuais como colectivos, baseándose nunha actividade lúdica e recreativa, así como fomentar as posibilidades educativas desta disciplina deportiva con actividades complementarias, regulamentación e estruturas, entre outros.