Saltar ao contido principal
Xornal

A conexión entre moda e arte, nunha orixinal exposición no Colexio de Fonseca

A mostra inaugúrase este xoves ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca

Actualizada: 12-12-2018 14:09
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Un total de 25 deseñadoras e deseñadores mostran na exposición ‘Especulacións utópicas; interseccións entre moda e arte arredor do corpo’ a súa visión particular acerca dos puntos de conexión e mesmo contaminacións entre a moda e a arte.

Esta interesante proposta inaugurarase este xoves 13 ás 20.00 horas no Colexio de Fonseca nun acto no que participará a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, Mar Lorenzo.

A exposición, comisariada por Lola Dopico é unha produción do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda (ESDEMGA) da Universidade de Vigo coa colaboración da USC que se manterá aberta ata o 31 de xaneiro de 2019 en horario de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.