Saltar ao contido principal
Xornal

Carolina Casal Chico aborda este xoves na Casa do Saber o silencio imposto ás mulleres na Historia da Arte

O relatorio promovido pola Asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo comeza ás 20.00 horas. A entrada é libre e de balde ata completar aforo

Actualizada: 13-12-2018 09:34
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz do relatorio

A museóloga, conservadora e xestora cultural e investigadora independente da Rede Estudos Medievais da USC Carolina Casal Chico ofrecerá este xoves, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o relatorio ‘Herstory. Rachando o silencio imposto na Historia da Arte’, no marco do ciclo de actividades divulgativa promovidas pola asociación do IV Ciclo Universitario do campus de Lugo.

 

A conservadora do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo afondará na súa intervención nas iconas da arte de todos os tempos e postergadas cara o futuro. Fronte a esta ampla relación de mulleres que enchen a Historia da Arte e as paredes de museos de todo o mundo, Casal Chico salientará o escaso número de artistas femininas, un feito que atribúe á discriminación sexista do sistema e da visión dunha historia escrita desde a desigualdade de xénero que creo a visión universal que aínda sostén hoxe en día a ideoloxía patriarcal.

 

‘Herstory. Rachando o silencio imposto na Historia da Arte’ pretende dar voz e sororidade ao feito artístico asolagado, ademais de reconstruír a historia da muller percorrendo os lugares, as tácticas e os motivos do silencio. Outra das pretensións da relatora pasa por transitar por algúns deses momentos nos que a voz da creatividade feminina saíu do seu mutismo até chegar ao berro que supuxo a primeira arte feminista.