Saltar ao contido principal
Xornal

Alumni USC celebra este venres unha asemblea xeral extraordinaria

Actualizada: 13-12-2018 10:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC celebra este venres 14 unha asemblea xeral extraordinaria no Paraninfo da Universidade que comezará ás 19.00 horas co informe da presidenta , Benita Silva.

A continuación, o catedrático de Pedagoxía e Didáctica da USC, Antón Costa Rico, ofrecerá a conferencia ‘A luz de Frei Martin Sarmiento: co corazón en Galicia, a terra amada’, á que pode asistir calquera persoa interesada.

Como broche de ouro da xornada, ás 20.00 horas Alumni USC fará entrega da distinción de socio de honra ao ex reitor Juan Viaño Rey.