Saltar ao contido principal
Xornal

Emotiva homenaxe de Matemáticas ao profesorado que se xubila este ano

Actualizada: 14-12-2018 14:15
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Foto de grupo das persoas homenaxeadas con compañeiros e compañeiras do centro. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Matemáticas acolleu este venres un emotivo acto de homenaxe aos seis compañeiros e compañeiras docentes que se xubilan o presente ano. En concreto, catro do Departamento de Matemáticas e dous do de Estatística, Análise matemática e Optimización.

Cada unha das persoas xubiladas recibiu un pequeno agasallo e foi recoñecida cunhas palabras de agradecemento por parte dun colega do centro. Así, Agustín Bonome Dopico contou cunha semblanza de Regina Castro Bolaño; Mª Carmen Carollo Limeres foi homenaxeada cunhas palabras por Carmen Cadarso; Xosé Masa Vázquez por Jesús Antonio Álvarez López; José Manuel Prada por Manuel Febrero; e José Luis Gomez Pardo e Nieves Rodríguez González por Manuel Ladra González.

No acto interviñeron tamén a decana da Facultade, Elena Vázquez Cendón, e os directores dos departamentos de Matemáticas e de Estatística, Enrique Macías e Pedro Faraldo, respectivamente.