Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación do arquivo dixital Valle-Inclán

Actualizada: 17-12-2018 10:34
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC presenta este martes 18, ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, a posta en aberto do Archivo Digital Valle-Inclán (1888-1936), que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas.

No acto de presentación, que presidirá o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, intervirán a directora da Cátedra Valle-Inclán USC, Margarita Santos; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; o director do CESGA, Manuel Mauro Fernández; a administradora do Archivo Digital Valle-Inclán, Carmen Vílchez; a enxenio-Laboratorio BD da Universidade da Coruña, Ángeles Saavedra Places; e María José Malmierca, do CESGA.

A comezos do presente ano, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibía de mans da familia a cesión da biblioteca persoal de Ramón Valle-Inclán así como o arquivo familiar e documentación diversa que debuxa unha imaxe de totalidade da vida e obra do escritor arousán. Este material xa formalmente incorporado aos fondos universitarios sumouse no seu día ao depósito do legado manuscrito orixinal do autor na Biblioteca da USC  en 2009 ou ao fondo bibliográfico Valle-Inclán de edicións (1895-1936), probablemente o máis completo dos existentes actualmente.